|
|
Asociación Patronato do Museo Etnográfico da Capela.
No ano 1981 inicíase no CEIP "Mosteiro de Caaveiro" unha experiencia sociopedagóxica consistente nunha " mostra permanente de obxectos recollidos polos alumnos nas suas casas, propios da cultura tradicional popular" , experiencia que resultou exitosa e gratificante, recoñecida e valorada por toda a comunidade educativa e veciñal e que pouco a pouco se foi extendendo fóra do Concello e da comarca, ata que rematou convertindose nunha importante Colección etnográfica incluída no censo de coleccións visitables da Conselleria de Cultura da Xunta de Galicia.
No ano 2001, o Concello da Capela e o CEIP Mosteiro de Caaveiro acordan a creación dunha asociación denominada "Patronato do Museo Etnográfico da Capela" coa fin de ser un valorizador integral do patrimonio cultural de A Capela; a este proxecto únense todas as asociacións veciñais, culturais, etc. pertencentes ao Concello, amais doutros socios particulares. O Patronato prantéxase dende o seu nacemento, dous obxectivos principais, a creación dun Museo Etnográfico, para albergar a Colección etnográfica, e a investigación, defensa e promoción da cultura galega, de tal forma que se fomente o aproveitamento dos recursos existentes, a contribución ao desenvolvemento sostible, a dinamización doutros sectores como a hostelería, artesania, etc., e o desenvolvemento turístico do Concello.
|
|
|