Parque Etnográfico

A CASA está integrada nun contorno na que o HOME – amais de traballar a terra – aproveitou durante séculos os recursos que este medio (regatos, montes, fragas, …) lle ofrece.

Fixoo sempre dun xeito racional e sostible preservando toda a súa riqueza medioambiental e configurando unha paisaxe única na que as pegadas humanas son tan espectaculares como as naturais.

O Parque Etnográfico do Sesín é un ecomuseo  integrado na ruta «máis aló dos eidos» que permite achegarse e coñecer o rico patrimonio eco-etnográfico (paisaxes, elementos construtivos, actividades tradicionais …) froito desa intervención humana.