Viaxe ás Medulas

Ata novo aviso, os horarios de apertura do Museo serán:
Sabados e Domingos de 11h. a 14 h. e de 16 h. a 19 h.
Para visitas fora de estos horarios, chamar ao tf. 981459022 (Secundino)
ou 636729158 (Corral)

O Dia 23 de Outubro 2010, celebranse as sextas Xornadas Museisticas organizadas polo Museo Etnográfico da Capela, nas que se presentarán os tres traballos premiados có premio de investigación “Ferro Caaveiro” deste ano. O programa das Xornadas e o seguinte:


O xurado do III Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”, convocado pola Asociación “Patronato do Museo Etnográfico da Capela”, acordou outorgar os seguintes premios:
1º Premio: “Os Nomes da Capela”, de María Otilia Maceira Rodríguez; no que se analizan polo miúdo 92 macrotopónimos (lugares habitados) da Capela, acompañados dunha interesante recolleita de mostras da literatura popular de tradición oral (cantigas, lendas,…) nas que se citan estes topónimos.
2º Premio: “O Poder e as Fragas”, de Xavier Brisset Martín. Un profundo traballo no que se fai un percorrido histórico –apoiado na lexislación- ata a Lei de Montes de 1957, contemplando o poder que o Home estableceu na súa relación co medio natural coñecido como as fragas.
3º Premio: “Análise da evolución das formacións de Música Tradicional nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a través das imaxes”, presentado por Bruno Casal, Ramón Dopico e Sabela Folgar.
Estes traballos, amais do seu correspondente premio en metálico, serán publicados nun especial da revista editada polo Museo, “O Retorno”, que se presentará nas VIª Xornadas Museísticas a celebrar na “Casa do Pazo”, a sede do Museo Etnográfico da Capela, o próximo 23 de outubro.
Os horarios do Museo Etnográfico da Capela durante os meses de Agosto e Setembro serán os seguintes:
SÁBADOS E DOMINGOS
DE 11:00 A 14:00 HORAS E DE 16:00 A 19:00 HORAS
O próximo domingo 20 de xuño de 2010 o Museo Etnográfico da Capela organiza a tradicional ROMAXE A CAAVEIRO.

Programa:
Haberá bus para baixar á central e para subir de volta
Colabora a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia
O Museo Etnográfico da Capela albergará o próximo sábado, 19 de xuño, a Primeira Xornada sobre os Oficios Artesanais Tradicionais na comarca do Eume, na que se analizarán os oficios artesanais tradicionais e o seu desenvolvemento.
Esta iniciativa básase no desenvolvemento dunha investigación sobre os traballos artesanais que se levaban a cabo na zona. Ademais, pretende que sirva como elemento motivador e dinamizador de cara a fortalecer ao sector como un referente no territorio.
Os principais oficios artesanais que existen na zona son os relacionados co mundo da madeira (torneiros, carpinteiros, tallistas); do textil (bordadoras, palilleiras); da pedra (canteiros, escultores); da cerámica, do fiado da la ou cesteiros, entre outros.
Esta actividade, que comezará o sábado ás 10.00 horas, diríxese ao sector do artesanado e a aquelas persoas interesadas no mundo da artesanía que poidan contribuir á mellora e desenvolvemento da mesma na zona do Eume.
AVISO
As datas que aparecen no cartel anunciador do Certame de Contacontos, están erradas.
O certame terá lugar o día 25 de abril (domingo), en lugar do día 28 como aparece no cartel.
Pedimos disculpas, e esparamosvos o día 25
O día 27 de marzo, o Museo Etnográfico da Capela organiza unha visita a Santiago de Compostela para visitar as obras máis importantes feitas polo mestre de Obras capelán Lucas Ferro Caaveiro. Os interesados poden apuntarse chamando ao teléfono do Museo tf: 981 45 93 80
