Páxina con contidos multimedia. Para velos necesita ter instalado o plug-in de flash. Pode descargalo eiquí
Oficios.-
Nas longas noites de inverno os homes da casa, debido á escasa capacidade económica, constrúen os utensilios imprescindibles para o
desenvolvemento cotián da vida e do traballo. Nalgúns casos dominaban tan ben a técnica que remataron por converter estas actividades
nunha profesión.
Esta sala está adicada aos oficios da madeira .
- O zoqueiro, cos burros de desbastar e escavar, as ferramentas do oficio (aixolas, trades, guibetas, llergas, etc.) e unha colección de zocas.
- O carpinteiro , o traballador por excelencia da madeira, co seu banco de traballo e unha mostra completa de ferramentas: garlopas, machenmbras, acanaladores,
gubias, etc. e diferentes tipos de madeiras.
- O cesteiro e paxeiro , que con varas de carballo, vimbios, abeleiras, etc. elaboran cestos, cestas, carabelas, paxes e paxetas, caínzos, etc. Nun panel explícase
o proceso de fabricación dun cesto e unha ampla exposición de paxes.