O vindeiro sábado 25 de outubro de 2008 desenvolveranse na Casa do Pazo, sede do Museo Etnográfico da Capela as IV Xornadas Museísticas, abertas a todos aqueles que queiran asistir ás ponencias detalladas no programa. Nesta edición, as temáticas serán variadas, incluíndo a presentación dos proxectos gañadores do 1º Premio de Investigación "Ferro Caaveiro", convocado polo propio Museo.
PROGRAMA:
10h. Recepción dos participantes e apertura
10:30h. "Xosé Permuy, nacido para resistir no mundo da arte"
Duarte Basoa Anca
11:15h. "Territorio Britonia: as nosas orixes"
Fernan Brage
12h. Café
12:15h. Presentación dos cursos da Universidade Paulo Freire
12:45h. "O cancioneiro popular"
Mini e Mero (A Quenlla)
16:30h. "As construccións populares na comarca do Eume"
Belén Arnoso Balsa
17:30h. "A Capela. Na procura da luz eléctrica"
Mario Valdivieso Mateo
18:30h. Actuación de: Regueifeiros de Galicia
19:30h. Clausura das Xornadas
O MUSEO ETNOGRÁFICO ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS
22/10/2008
Despois do peche temporal do Museo para realizar diversas obras de mellora e acondicionamento, o Museo Etnográfico da Capela abre de novo as súas portas a tódolos visitantes nos seus horarios habituais.
Fallo do Iº Premio de Investigación Ferro Caaveiro
04/09/2008
O 1º premio correspondeulle ao traballo "A Capela. Na procura da luz eléctrica" de Mario Valdivieso quedando en 2º lugar o traballo de Belén Arnoso "As construccións populares na comarca do Eume".
Convocatoria I Premio de Investigación "Ferro Caaveiro"
29/04/2008
O Patronato do Museo Etnográfico da Capela convoca o Premio de Investigación "Ferro Caaveiro" e memoria do que foi mestre capelán da arquitecura galega do século XVIII. Para coñecer as bases dirixirse ao museo vía telefónica ou vía mail.
Inauguración da Exposición Temporal "Xosé Permuy Cebreiro"
26/04/2008
Exposición temporal adicada ao artesán-escultor de San Boulo (A Capela), Xosé M. Permuy Cebreiro (1900-1991).
Actuación de Santi Prego "Romances de Cego"
Presentación do programa de actividades ano 2008
Exposición temporal: África, outras visións (do 22 decembro de 2007 a 26 de abril de 2008)
22/12/2007
O día 22 de decembro de 2007 tivo lugar a presentación da nova mostra temporal: África, outras visións. Son obxectos representativos da cultura africana cedidos temporalmente por Xabier López García e Xosé Xoán Fernández Gómez.
Visita escolar CEIP San Ramón de Moeche
09/11/2007
Visita Escolar CEIP Sigüeiro
09/11/2007
Visita Escolar IES Terra de Trasancos de Narón
02/11/2007
Visita Escolar Couceiro Freijomil de Pontedeume
19/10/2007
Exposición temporal (maio-decembro de 2007): Sesín, o río de Caaveiro
29/05/2007
Exposición monográfica sobre o río Sesín, afluente do Eume e motor do muíño do Mosteiro de Caaveiro. As fotografías son obra de Daniel Puente Bello.
Exposición temporal (Abril-maio de 2007): VI Certame Artesanía Antonio Fraguas
20/04/2007
Exposición artesán onde se mostran os premios gañadores nas categorías de tradicional e contemporáneo do VI Certame de Artesanía Antonio Fraguas.
Exposición temporal (Febreiro-Marzo de 2007): Radios e gramolas antigas
01/02/2007
Colección de radios e gramolas do capelán José Pico.
Exposción temporal (Decembro-Xaneiro de 2007): Belelle, corrente de ideas
20/12/2006
Exposción monográfica río Belelle, diseñada polo Clube de Montaña de Ferrol.
Inauguración "Museo Etnografico da Capela"
19/12/2006
O dia 16/12/2006, inauguróuse oficialmente o Museo Etnográfico da Capela, nun acto presidido polo Alcalde da Capela Angel López Sueiro e coa presencia do Director Xeral de Patrimonio Cultural D. Felipe Arias, e de José Castro, presidente de Euroeume, principal financiador do proxecto. Asi mesmo contóuse coa presencia de representantes da Consellería de Cultura, do Obispado e de todas as asociacións do Concello que forman parte do Patronato do Museo Etnográfico.
O Museo estará aberto ao público de martes a venres de 11 a 14 h., e sábados, domingos e féstivos de 11 a 14 e de 16 a 19:00 h.