Convocatoria I Premio de Investigación "Ferro Caaveiro"
29/04/2008
O Patronato do Museo Etnográfico da Capela convoca o Premio de Investigación "Ferro Caaveiro" e memoria do que foi mestre capelán da arquitecura galega do século XVIII. Para coñecer as bases dirixirse ao museo vía telefónica ou vía mail.
Exposición monográfica adicada ao artesán-escultor Xosé M. Permuy Cebreiro (1900-1991), veciño de San Boulo (A Capela). Na súa produción podemos ver: esculturas de madeira e pedra, utensilios de uso cotiá coma xarras ou lámpadas, mobles, enredos para os rapaces, miniaturas de aperos de labranza etc. Foi considerado como un artista naïf pola súa formación autodidacta e polo seu primitivismo. Vende en feiras e expón a súa obra en Ferrol, A Coruña, Pontedeume, Xixón, Oporto, Vigo, Pontevedra, Santiago, Vilalba, Lugo etc.
Inauguración da Exposición Temporal "Xosé Permuy Cebreiro"
26/04/2008
Exposición temporal adicada ao artesán-escultor de San Boulo (A Capela), Xosé M. Permuy Cebreiro (1900-1991).
Actuación de Santi Prego "Romances de Cego"
Presentación do programa de actividades ano 2008
Exposición temporal: África, outras visións (do 22 decembro de 2007 a 26 de abril de 2008)
22/12/2007
O día 22 de decembro de 2007 tivo lugar a presentación da nova mostra temporal: África, outras visións. Son obxectos representativos da cultura africana cedidos temporalmente por Xabier López García e Xosé Xoán Fernández Gómez.
Visita escolar CEIP San Ramón de Moeche
09/11/2007
Visita Escolar CEIP Sigüeiro
09/11/2007
Visita Escolar IES Terra de Trasancos de Narón
02/11/2007
Visita Escolar Couceiro Freijomil de Pontedeume
19/10/2007
Exposición temporal (maio-decembro de 2007): Sesín, o río de Caaveiro
29/05/2007
Exposición monográfica sobre o río Sesín, afluente do Eume e motor do muíño do Mosteiro de Caaveiro. As fotografías son obra de Daniel Puente Bello.
Exposición temporal (Abril-maio de 2007): VI Certame Artesanía Antonio Fraguas
20/04/2007
Exposición artesán onde se mostran os premios gañadores nas categorías de tradicional e contemporáneo do VI Certame de Artesanía Antonio Fraguas.
Exposición temporal (Febreiro-Marzo de 2007): Radios e gramolas antigas
01/02/2007
Colección de radios e gramolas do capelán José Pico.
Exposción temporal (Decembro-Xaneiro de 2007): Belelle, corrente de ideas
20/12/2006
Exposción monográfica río Belelle, diseñada polo Clube de Montaña de Ferrol.
Inauguración "Museo Etnografico da Capela"
19/12/2006
O dia 16/12/2006, inauguróuse oficialmente o Museo Etnográfico da Capela, nun acto presidido polo Alcalde da Capela Angel López Sueiro e coa presencia do Director Xeral de Patrimonio Cultural D. Felipe Arias, e de José Castro, presidente de Euroeume, principal financiador do proxecto. Asi mesmo contóuse coa presencia de representantes da Consellería de Cultura, do Obispado e de todas as asociacións do Concello que forman parte do Patronato do Museo Etnográfico.
O Museo estará aberto ao público de martes a venres de 11 a 14 h., e sábados, domingos e féstivos de 11 a 14 e de 16 a 19:00 h.