cabecera1 cabecera2 cabecera3 cabecera4 cabecera5 cabecera6
 
poñendo_na_meda
 

O Museo como conxunto etnográfico .-

casa_do_Pazo  
parque_do_Sesin
machuco

A Casa do Pazo , representa o punto central dun conxunto museístico mais amplo, do que forman tamén parte, o Parque etnográfico do Sesin, o Museo da escola (en proxecto) e o Machuco (ferrería hidráulica) en fase de restauración.

O Parque etnográfico do Sesin abrangue unha zona de uns 800 m ao longo do rio Sesin, de forma que no seu percorrido se explican mediante paneis os diversos aproveitamentos tradicionais dos recursos das Fragas: os muíños de auga (visítanse dous que se atopan restaurados e en funcionamento), o carbón vexetal, a recolleita das castañas, a casca das arbores (principalmente o carballo), etc.

O Museo da escola representará a escola de principios do século XX, facendo fincapé na evolución da ensinanza ao longo dos anos.
O Machuco é un dos escasos exemplos de ferreria hidráulica que existen en Galicia, do que actualmente só se conserva o banzado construído totalmente en pedra, e as bases da que fora a ferrería.
Información Legal Créditos ©2006-Eventi galego flecha / español flecha