Páxina con contidos multimedia. Para velos necesita ter instalado o plug-in de flash. Pode descargalo eiquí
O Exterior.-
En torno á casa-vivenda que acolle aos membros da unidade familiar aparecen, como unha prolongación da mesma, unha serie de edificacións anexas necesarias para resolver os problemas derivados do sistema autárquico propio da economía agraria tradicional.
Os labores do campo, a conservación e transformación dos froitos, a cría de animais, precisan espazos e construccións como: alpendres, palleiras, eiras, hórreos, pozos, poleiros, cortellos, etc.
A Casa do Pazo, amais do forno, conta con dous alpendres adosados á casa e unha eira con hórreo. Un alpendre de chantóns acolle a forxa e o burro de ferrar; outro, de cantería, para gardar o carro e demais apeiros e ferramentas necesarios para as faenas agrícolas: arados, grade, caínzo, sachos, etc.
O conxunto complétase co palleiro, as cañotas, o picadeiro e o burro de serrar, a pedra dos millos, etc.