Páxina con contidos multimedia. Para velos necesita ter instalado o plug-in de flash. Pode descargalo eiquí
A Cociña.-
A cociña sempre foi na vivenda tradicional o centro da vida doméstica; a síntese de toda a casa e das actividades ás que ten que adicarse a familia para subsistir.
Na cociña fanse a maioría das actividades domésticas: cociñar, amasar e cocer o pan, curar e conservar os alimentos; é o lugar onde se reúne a familia e onde se reciben
as visitas dos veciños.
A cociña da Casa do Pazo ten tres partes ben delimitadas:
- O vertedeiro , á beira da ventá, é onde se fregan os cacharros; ao seu pé o cantareiro para a sella, as olas da auga e a tina coa táboa de lavar.
- A lareira é onde se fai o lume para cociñar e quentare a familia. A lareira ten o burro coa gramalleira para colgar potes e caldeiros, os trébedes, o fol, o abano,
a freixoeira, o escano; na campá, o caínzo para secar as castañas. Ao seu carón a leñeira.
- O forno , é onde remata o proceso da elaboración do pan. Preto atópanse a pá, o varredorio, a forquita e o rodo; a artesa coa peneira, a copeta, os cribos; un muiño de man e unha alacena para as cousas do leite.
Complétase o conxunto co baño de salgar, a mesa con bancos e tallos e diferentes mobles para os útiles domésticos.