Archivo para la Categoría ‘novas’

30
Oct

Asamblea Xeral ordinaria

   Publicado por: admin

Información para os socios:

O venres día 13 de Novembro de 2009,  ás 7 da tarde, celebraráse Asamblea Xeral ordinaria da Asociación “Patronato do Museo Etnográfico da Capela”, na Casa do Pazo.

24
Oct

IV Magosto de A Capela

   Publicado por: admin

O vindeiro 31 de Outubro, terá lugar o IV magosto da Capela, organizado pola Asociación Cultural O Pértego.
Será a partir das 19 h. no adro de Cabalar.
máis información en:

http://www.pertegocapela.com/

5
Oct

5ª Xornadas Museísticas

   Publicado por: admin

muestra

O vindeiro 17 de Outubro,  terán lugar as 5ª Xornadas Museísticas organizadas polo Museo Etnográfico da Capela, coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Nestas Xornadas presentaránse os traballos galardoados no 2º premio de investigación “Ferro Caaveiro” nos que se recupera a memoria da figura de Manuel Doce Viñas “O Panda”, e se recorda a vida dos “fragueiros” na época da posguerra. Tamén se presentará o proxecto da Universidade Rural Galega e inauguraráse o Parque Etnográfico do Sesín. E para rematar presenciaremos un concerto de música de raiz,  realmente interesante de Xavier Blanco, interpretado con “instrumentos pobres”, chamados asi pola sua sinxeleza ou por seren elementos da vida diaria reconvertidos en instrumentos musicais.

O programa das Xornadas e o seguinte:

10,30 h.    Recepción dos participantes e apertura

11,00 h.   Actividades economicas complementarias no Xabariz da posguerra;

de Duarte Basoa Anca (Licenciado en Historia)

11,45 h.    Saberes de antes para o desenvolvemento de hoxe;

Paula Ares Losada (Técnica da Universidade Rural Galega)

12,30 h.   Manuel Doce Viñas “O Panda”. Na propia dignidade;

de Rosa Méndez Fonte (Licenciada e Doctora en humanidades)

16,00 h.   O Parque Etnográfico do Sesín

18,30 h.   Concerto didáctico: “Instrumentos pobres”

por Xavier Blanco (Músico e luthier)

19,30 h.   Clausura das Xornadas

As Xornadas son abertas polo que contamos coa tua presenza e apoio

10
Sep

RESOLUCIÓN II PREMIO “FERRO CAAVEIRO”

   Publicado por: admin

O Xurado do “II Premio de Investigación Ferro Caaveiro” convocado polo Museo Etnográfico de A Capela, composto por:

-Secundino García Mera (membro da Xunta directiva do Museo Etnográfico da Capela)

-José Manuel Corral Bellas (membro da Xunta directiva do Museo Etnográfico da Capela)

-José María López Ferro (Direcrtor do Museo Etnográfico “Monte Caxado” de As Pontes)

-María Otilia Maceira Rodriguez (Técnico do Museo Etnográfico da Capela)

reunido en A Capela, o día 9-09-09 ás 20 h. resolvéu otorgar os seguintes premios:

  • 1º premio, ao traballo titulado -Manuel Doce Viñas “O Panda”

de Rosa Méndez Fonte

  • 2º premio, ao traballo titulado -Actividades económicas complementarias  no Xabariz da Posguerra

de Duarte Basoa Anca.

  • 3º premio, vacante.
5
Sep

II PREMIO “FERRO CAAVEIRO”

   Publicado por: admin

Rematado o prazo de presentación de traballos para o II premio de investigación “Ferro Caaveiro”, convocado polo Museo Etnográfico de A Capela. O vindeiro día 10 de setembro daráse a coñecer o fallo do xurado.

Bases II premio

30
Jun

1ª Romaxe a Caaveiro

   Publicado por: admin

galicia O pasado día 28 de xuño o Museo organizou a 1ª romaxe a Caaveiro,  dunha nova etapa, pasados 16 anos dende a última celebración. Una vez chegados os romeiros ao Mosteiro, catro veciños da Capela diron lectura a un manifesto de recoñecemento ás Fragas do Eume e ó seu corazón reprensentado no Mosteiro de San Xoan de Caaveiro. Podense ver algunhas fotografías na páxina de galerías fotográficas.

divider

esp El pasado día 28 de junio, el Museo organizó la 1ª romería a Caaveiro de una nueva etapa, pasados 16 años desde la última celebración. Una vez llegados los romeros al Monasterio, cuatro vecinos de A Capela dieron lectura a un manifiesto de reconocimiento a las Fragas del Eume y a su corazón representado en el Monasterio de San Juan de Caaveiro. Se pueden ver algunas fotografías en la pagina de galerias fotográficas.

Cartel romaxe a Caaveiro