amigos do Museo
O Museo Etnográfico da Capela pretende ser “de todos”, como de todos é o que nel se “garda”, se “conta”, se “recorda” e se “revive”. Este pertenza a todos, manifestase na participación nas suas actividades, participación que pode levarse a cabo de distintas maneiras: simplemente visitando o Museo, doando pezas, axudando voluntariamente nos traballos cotiáns do museo, apuntandose as actividades que o museo programa, e tamén facendose socio da asociación.
A pertenza como socio ven regulada polos estatutos da Asociación, nos artigos que a continuación se reproducen:
Artigo 8.-
Poderán ser membros da Asociación todalas persoas fisicas ou xuridicas, con plena capacidade de obrar, que teñan interese nos fins da Asociación, e que soliciten a sua integración ante a Xunta Rectora, que someterá o acordo a ratificación pola 1ª Asamblea Ordinaria.
Artigo 9.-
A condición de asociado/a perderáse por causa de:
– vontade propia, comunicada por escrito ante a Xunta Rectora, previo aboamento de tódalas cotas que teña pendentes.
– impago das cotas.
Artigo 10.-
A expulsión dos asociados/as será acordada pola Xunta Rectora, e deberá ser ratificada pola Asamblea Xeral, e en contra dela poderase recorrer diante da xurisdición ordinaria.
Artigo 11.-
A Asociación constará de duas clases de asociados
1) Institucionais:
a.- Fundadores.
Serano as institucións que promoven a constitución e fundación desta Asociación:
- Concello da Capela
- C.E.I.P. “Mosteiro de Caaveiro”
b.- Asociacións e entidades sin animo de lucro da Capela que asi o soliciten. Estarán representadas pola persoa que a entidade designe; o seu nomeamento, cese ou substitución deberá ser comunicado ante a Xunta Rectora.
2) Os socios de número, que poderán ser de dúas clases:
a.- Ordinarios
Tódalas persoas fisicas e/ou xuridicas, con plena capacidade de obrar, que desexen colaborar nas actividades da Asociación e asi o soliciten ante a Xunta Rectora.
b.- Protectores
Aquelas persoas fisicas e/ou xuridicas, entidades ou institucións que, a criterio da Xunta Rectora e polo seu apoio económico, funcional ou material á Asociación sexan merecedoras de tal consideración.
3) Socios de honra.
Aqueles que destacan, a criterio da Asamblea Xeral pola sua especial contribución ó desenvolvemento dos fins da Asociación.
Artigo 12.-
Os socios institucionais e de número, teñen os seguintes dereitos:
- Tomar parte en calquera actividade que a Asociación organice.
- Participar con voz e voto na Asamblea Xeral, asi como ser elector e elexible para os cargos directivos.
- Recibir información sobre os acordos adoptados polos organos directivos, e sobre o estado de contas.
- Recepción gratuita de folletos e publicacións editadas pola Asociación.
- Entrada gratuita ás instalacións do Museo, e a aquelas actividades que determine a Xunta Rectora.
- Formular propostas e suxerencias sobre as actividades da Asociación.
Artigo 13.-
Os socios institucionais e de número, teñen as seguintes obrigas:
- Colaborar nas actividades da Asociación.
- Asistir ás Asambleas Xerais.
- Cumpri-los presentes estatutos e os acordos válidos da Xunta Rectora.
Ademáis, os socios de número ordinarios, e os institucionais non fundadores, deberán:
- Satisfacelas cotas establecidas pola Asamblea Xeral.
Si ainda non eres socio….. esperámoste
![]()
Outras entidades e institucións que colaboran ou colaboraron có Museo da Capela:

- Concello de A Capela
![]()
- Consellería de Traballo e benestar
- Consellería de Cultura e Turismo. Dirección Xeral de Patrimonio Cultural
- Consellería de Media Ambiente, Territorio e Infraestructuras
![]()
- Deputación da Coruña
![leader_euro[1] leader_euro[1]](http://www.museodacapela.org/wp-content/uploads/2009/09/leader_euro1.jpg)
- Grupo de acción local “Euroeume”
![portas[1] portas[1]](http://www.museodacapela.org/wp-content/uploads/2009/09/portas11.jpg)
- Asociación de amigos dos Museos de Galicia
![]()
- Caixa Galicia
- Museo Pedagóxico de Galicia