17
Nov

Xº Aniversario do Museo da Capela

   Publicado por: admin en novas

O Día 26 de novembro de 2011, o Museo Etnográfico da Capela, conmemora os dez anos da fundación da Asociación que leva o seu nome.  Dende a firma daquela acta fundacional, o 1 de marzo de 2001,  moita xente ten posto o seu esforzo, e as súas ilusións nun proxecto que pouco a pouco vaise asentando, enraizando e xermolando de novo en diferentes formas;  primeiro foi o Museo da Casa do Pazo, despois as Xornadas Museisticas, o Parque Etnográfico do Sesín,  o Premio Ferro Caaveiro, a revista O Retorno, o Certame de Contacontos, etc.  Novos socios, novos amigos, novas ilusións e novos proxectos nos agardan de ahora en diante, pero de momento imos a celebrar o andado nestes dez anos,  nunha xornada á que estades todos convidados o día 26.

X aniversario

carte l2 certame contacontos

Esta entrada fue creada el Jueves, Noviembre 17th, 2011 a las 1:16 y está archivada bajo la Categoría novas. Puedes seguir las respuestas con el feed RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta, o trackback desde tu propio site.


Un comentario

andresantalla
 1 

Felicidades pola celebración de onte. Foi todo moi vivo e moi emocionante. Que teñades outros 5, 10 anos máis. Aí seguiremos apoiando a vosa iniciativa, participando como poidamos. Felicidades por todas as actividades e felicidades a todos os que integrades a directiva e a todas as persoas que interviñeron onte, especialmente ás dos oficios que deron vida ao edificio do museo.

27 Noviembre, 2011 a las 13:34

Deja un comentario:

Nombre (*)
Mail (no será publicado) (*)
Web
Comentario
Security Code: