Archivo para Noviembre, 2011
O Día 26 de novembro de 2011, o Museo Etnográfico da Capela, conmemora os dez anos da fundación da Asociación que leva o seu nome. Dende a firma daquela acta fundacional, o 1 de marzo de 2001, moita xente ten posto o seu esforzo, e as súas ilusións nun proxecto que pouco a pouco vaise asentando, enraizando e xermolando de novo en diferentes formas; primeiro foi o Museo da Casa do Pazo, despois as Xornadas Museisticas, o Parque Etnográfico do Sesín, o Premio Ferro Caaveiro, a revista O Retorno, o Certame de Contacontos, etc. Novos socios, novos amigos, novas ilusións e novos proxectos nos agardan de ahora en diante, pero de momento imos a celebrar o andado nestes dez anos, nunha xornada á que estades todos convidados o día 26.

