O xurado do IV Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”, convocado pola Asociación “Patronato do Museo Etnográfico da Capela”, acordou outorgar os seguintes premios:

1º Premio: “O Hórreo no Concello da Capela”, de José María López Ferro; no que se estuda un dos principais símbolos do patrimonio arquitectónico popular, o hórreo, dentro dun espazo xeográfico concreto: o Concello da Capela.

2º Premio: “O xeito de vestir das mulleres do rural galego antes do esmorecemento do traxe tradicional”, de Sabela Folgar Rocha. Un interesante traballo sobre as características propias do traxe domingueiro ou de cerimonia tradicional na Capela.

3º Premio: Deserto

Estes traballos, amais do seu correspondente premio en metálico, serán publicados nun especial da revista editada polo Museo, “O Retorno”, que se presentará nas VIIª Xornadas Museísticas a celebrar na “Casa do Pazo”, a sede do Museo Etnográfico da Capela, o próximo 22 de outubro.

Esta entrada fue creada el Sábado, Septiembre 24th, 2011 a las 18:55 y está archivada bajo la Categoría O Museo. Puedes seguir las respuestas con el feed RSS 2.0. Puedes dejar una respuesta, o trackback desde tu propio site.


Un comentario

 1 

I feel siatsfied after reading that one.

4 Diciembre, 2011 a las 16:46

Deja un comentario:

Nombre (*)
Mail (no será publicado) (*)
Web
Comentario
Security Code: