Archivo para Junio, 2011

4
Jun

Romaxe a Caaveiro 2011

   Publicado por: admin  en novas

O Museo Etnográfico da Capela, organiza o vindeiro día 19 de xuño (domingo) a  3ª Romaxe a Caaveiro. As 11 da mañán concentrarémonos diante do Museo para iniciar o camiño todos xuntos. Haberá un bus para baixar ata a Central aos que queiran facer a ruta polo camiño “novo” paralelo ao río Eume. O mesmo bus recolleráos despois para a volta no mesmo lugar.

As 14 h. celebraráse unha misa na igrexa do Mosteiro, e a continuación haberá tempo para comer e festexar todos xuntos ao carón do imperturbable e maxestuoso cenobio de Caaveiro.

Romaxe Caaveiro 2011