Archivo para Septiembre, 2010
O xurado do III Premio de Investigación “Ferro Caaveiro”, convocado pola Asociación “Patronato do Museo Etnográfico da Capela”, acordou outorgar os seguintes premios:
1º Premio: “Os Nomes da Capela”, de María Otilia Maceira Rodríguez; no que se analizan polo miúdo 92 macrotopónimos (lugares habitados) da Capela, acompañados dunha interesante recolleita de mostras da literatura popular de tradición oral (cantigas, lendas,…) nas que se citan estes topónimos.
2º Premio: “O Poder e as Fragas”, de Xavier Brisset Martín. Un profundo traballo no que se fai un percorrido histórico –apoiado na lexislación- ata a Lei de Montes de 1957, contemplando o poder que o Home estableceu na súa relación co medio natural coñecido como as fragas.
3º Premio: “Análise da evolución das formacións de Música Tradicional nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal a través das imaxes”, presentado por Bruno Casal, Ramón Dopico e Sabela Folgar.
Estes traballos, amais do seu correspondente premio en metálico, serán publicados nun especial da revista editada polo Museo, “O Retorno”, que se presentará nas VIª Xornadas Museísticas a celebrar na “Casa do Pazo”, a sede do Museo Etnográfico da Capela, o próximo 23 de outubro.