Archivo para Junio, 2010

17
Jun

Romaxe a Caaveiro

   Publicado por: admin  en novas

O próximo domingo 20 de xuño de 2010 o Museo Etnográfico da Capela organiza a tradicional ROMAXE A CAAVEIRO.

Romaxe Caaveiro 2010

 

 Programa:

  • Ás 11:00  Xuntanza dos romeiros no Museo do Pazo para saír todos xuntos cara Caaveiro polas súas diversas rutas.
  • Ás 14:00  Misa no Convento
  • Comida e festexo

Haberá bus para baixar á central e para subir de volta

 

Colabora a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia

O Museo Etnográfico da Capela albergará o próximo sábado, 19 de xuño, a Primeira Xornada sobre os Oficios Artesanais Tradicionais na comarca do Eume, na que se analizarán os oficios artesanais tradicionais e o seu desenvolvemento.

Esta iniciativa básase no desenvolvemento dunha investigación sobre os traballos artesanais que se levaban a cabo na zona. Ademais, pretende que sirva como elemento motivador e dinamizador de cara a fortalecer ao sector como un referente no territorio.

Os principais oficios artesanais que existen na zona son os relacionados co mundo da madeira (torneiros, carpinteiros, tallistas); do textil (bordadoras, palilleiras); da pedra (canteiros, escultores); da cerámica, do fiado da la ou cesteiros, entre outros.

Esta actividade, que comezará o sábado ás 10.00 horas, diríxese ao sector do artesanado e a aquelas persoas interesadas no mundo da artesanía que poidan contribuir á mellora e desenvolvemento da mesma na zona do Eume.