Archivo para Noviembre, 2009

18
Nov

I Encontro de dinamizadores no Mundo Rural

   Publicado por: admin  en novas

O próximo día sábado 21 de novembro terá lugar no Museo Etnográfico da Capela o I Encontro de dinamizadores no Mundo Rural que tratará sobre “Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural”. Adxuntamos o programa.

 

 Organizadores:
Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.
 Obxectivos:
 
- Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.
- Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.
- Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.
 
Lugar e data:
 
Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)
21 de novembro de 2009.
 
Contido:
 
10,30. Apertura e presentación
 
10,50. Presentación dos participantes
 
11,05 Sesión de traballo en Plenario
 
- Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)
- Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).
- Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).
- Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).
 
13,15 Resumo e propostas finais  
   Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces. Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións e o plenario poderá facer algúns breves comentarios. O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.
 
13,50 Acto de Clausura.
 
14,05. Xantar  
    
16,30 Visita ó Museo Etnográfico da Capela.