Publicado por: admin en novas
O próximo domingo 20 de xuño de 2010 o Museo Etnográfico da Capela organiza a tradicional ROMAXE A CAAVEIRO.

Programa:
- Ás 11:00 Xuntanza dos romeiros no Museo do Pazo para saír todos xuntos cara Caaveiro polas súas diversas rutas.
- Ás 14:00 Misa no Convento
- Comida e festexo
Haberá bus para baixar á central e para subir de volta
Colabora a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. Consellería de Cultura e Turismo. Xunta de Galicia
Publicado por: admin en novas
O Museo Etnográfico da Capela albergará o próximo sábado, 19 de xuño, a Primeira Xornada sobre os Oficios Artesanais Tradicionais na comarca do Eume, na que se analizarán os oficios artesanais tradicionais e o seu desenvolvemento.
Esta iniciativa básase no desenvolvemento dunha investigación sobre os traballos artesanais que se levaban a cabo na zona. Ademais, pretende que sirva como elemento motivador e dinamizador de cara a fortalecer ao sector como un referente no territorio.
Os principais oficios artesanais que existen na zona son os relacionados co mundo da madeira (torneiros, carpinteiros, tallistas); do textil (bordadoras, palilleiras); da pedra (canteiros, escultores); da cerámica, do fiado da la ou cesteiros, entre outros.
Esta actividade, que comezará o sábado ás 10.00 horas, diríxese ao sector do artesanado e a aquelas persoas interesadas no mundo da artesanía que poidan contribuir á mellora e desenvolvemento da mesma na zona do Eume.
Publicado por: admin en novas
Publicado por: admin en novas
AVISO
As datas que aparecen no cartel anunciador do Certame de Contacontos, están erradas.
O certame terá lugar o día 25 de abril (domingo), en lugar do día 28 como aparece no cartel.
Pedimos disculpas, e esparamosvos o día 25
Publicado por: admin en novas
O día 27 de marzo, o Museo Etnográfico da Capela organiza unha visita a Santiago de Compostela para visitar as obras máis importantes feitas polo mestre de Obras capelán Lucas Ferro Caaveiro. Os interesados poden apuntarse chamando ao teléfono do Museo tf: 981 45 93 80

Publicado por: admin en novas
O Museo Etnográfico da Capela, organiza o 1º Certame de Contacontos “Ao pé da lareira”.
Será o vindeiro 28 de abril de 2010, e os participantes deberán contar, a lo menos, tres contos populares galegos.
O prazo de inscripción no certame remata o día 25 de abril.
Para apuntarse, chamar ao tf. do Museo, 981 45 93 80.

Publicado por: admin en novas
O Museo Etnográfico da Capela, convoca o III premio de investigación “Ferro Caaveiro”.
O Prazo de presentación de traballos rematará o 31 de Agosto de 2010; e as bases concretanse no folleto adxunto.

Publicado por: admin en novas
O Domingo día 21 de Febreiro, o Museo Etnográfico da Capela, xuntamente cóas asociacións: Airiños da Capela, O Pertego e A.V.V. Monte Forgoselo, organizan unha xornada para despedir o Antroido, coa escenificación do enterro de Xan Carallán (o Antroido). Será nos locais da Coop. de productores do Campo da Capela, en Os Calzados ás 5 da tarde.

Publicado por: admin en novas
Durante os días 25 de decembro, día de Nadal, e 1 de xaneiro, día de Ano Novo, o Museo Etnográfico da Capela permanecerá pechado.
Desculpen as molestias
Feliz Nadal a todos!
Publicado por: admin en novas
O próximo día sábado 21 de novembro terá lugar no Museo Etnográfico da Capela o I Encontro de dinamizadores no Mundo Rural que tratará sobre “Fendas, de Luz e de Sombras, das Intervencións no Mundo Rural”. Adxuntamos o programa.
Organizadores:
Universidade Rural do Eume e Universidade Rural Galega.
Obxectivos:
- Compartir análises feitos por xente que vive e/ou traballa a prol do mundo rural.
- Aportar fachos de luz e ánimo para as nosas actuacións.
- Colaborar na consolidación e visibilidade da Universidade Rural Galega.
Lugar e data:
Museo Etnográfico da Capela (A Coruña)
21 de novembro de 2009.
Contido:
10,30. Apertura e presentación
10,50. Presentación dos participantes
11,05 Sesión de traballo en Plenario
- Fendas na cultura (motiva Alfonso Blanco Torrado da Asociación Cultural XERMOLOS)
- Fendas no social (motiva Miguel Teixido, Xerente de EUROEUME).
- Fendas na economía (motiva Antonio Fernández Oca).
- Fendas na medio ambiente (motiva Xosé María García Villaverde, Secretario Xeral de VERDEGAIA).
13,15 Resumo e propostas finais
Mentras se están producindo os anteriores debates haberá dúas persoas recollendo o máis salientable, unha as sombras e outra as luces. Neste momento expoñen as súas recollidas a modo de conclusións e o plenario poderá facer algúns breves comentarios. O resultado esperado sería un pequeno documento publicable.
13,50 Acto de Clausura.
14,05. Xantar
16,30 Visita ó Museo Etnográfico da Capela.